31/12/2011

MESTURANDO OS DÍAS


Vestirme de delirios esquencidos
dos meus conflitos
da miña semente

Traballa o mellor que poidas meu cerebro

(e fai que por un intre esta noite non te sinta)

Antón

27/12/2011

GALIZA


10/12/2011

SEQÜELES


Se´n va anar i va deixar racons
caus de bruixes
equilibris a contrarellotge

Se´n va anar amb els ulls nus
buidant de circumstàncies el llit
rere un cos sense seqüeles

Ara tinc fred...
caigut de sobte a la travessa de l´espant

Antón

ALÉN DA COXAS

Onte houbo lúa chea  no teu ventre


Fuches o meu remorso


                                       E eu fun o teu


Antón

01/12/2011

NEGRO

Como se venden os homes
cando ventan a cobiza
nos seios preguizosos...

Miña fame de soños foi
un verbo para conxugar

enganado

fuxindo coma fume pola regandixa do silenzo

roxo roxo roxo !!!


Antón

28/10/2011

CAMUFLAXE


Son un sistema sinxelo de detalles complexos

( logo de me cuartearen, de me esfolaren
de me chucharen o sangue, de usurparen o meu tempo
lembráronme que a camuflaxe fora un falso engano
unha fada posuída por un soño lascivo
o argurmento para desexar en paralelo)

Agora volvémonos erguer nos dous extremos máis afastados do mundo
e non existen xa palabras que poidan unir semellante distancia

Antón

20/10/2011

TRILOBITE


Acubillado na esfera percorro tempos pasados
arranxando eivas , debullando horas

( sen presa reflicto a cobiza dos raposos )


Ao fondo  a ialma acouga 
soterrada na area dun mar primixéneo
esquencida  para sempre na lonxanía
dun trilobite 


Antón

17/10/2011

COSTURAS


Invádeme
transitarei coas almas dos outros
aínda que me doan as costuras deste corpo prestado


Recólleme,
en silenzo,
son toxo sementado,
puga do autodio dos colonos


F  A  I  N  O 
e o silenzo o abranguera
t  o d  o

Antón


14/10/2011

EE


Agora toleas (logo amainas)
Ao final do espectáculo
volves ás sensacións inocentes
ás primixenias
afogando as lembranzas 
coas que etiquetaches a miña ialma

Antón

07/10/2011

TRASNO


Non conseguín atravesar a atmósfera do teu mundo
Embargoume a sensación de ser un impostor
un difunto sen autopsia , baleiro coma un animal disecado
Máis crín albiscar algo alí dentro
(insinuacións de pesadelo nunha romaxe fatigosa ?)
Decateime que baixo a pel xa non eras de miña especie
e vivín o demo da espera
o diaño da cobiza
o trasno acendido do desexo

Antón

05/10/2011

PLAXIO


Vivimos 
igual 
que 
soñamos:  sós


01/10/2011

CRIATURAS COMPLICADAS


Vivamos máis aló das voces aguzadas
dos marmurios daqueles que non entenden
coma lesmas agochadas en  currunchos de ausencias
riscando feridas que atrapan
Q  U  E     C  A  T  I  V  A  N
desmesuradas como a  vertixe de odiar 
alguén que queres

Antón

18/09/2011

BILINGUISMO ARMÓNICO


Antón

GALIZA 2014


Antón

HIPOCRISÍA

A   n o s a    d e s e r c i ó n    f o i    v o l u n t a r i a 


[ non te culpes , non debemos acusarnos
somos contraditorios, antagónicos
pura arqueoloxía do desexo ]

Para qué renderlle  culto á hipocrisía  dos que pararon  de amar ?

Antón

03/09/2011

ALIEN - NACIÓN




02/09/2011

AGOSTO

Xa non me lembro do que lembro 
e do que non lembro

       E S Q U E C I NO


(e agora todo se me vén enriba)

Antón

23/08/2011

PAISAXE CON PISTOLA AUTOMÁTICA

A canción do verdugo pendura do teito 
nunha paisaxe de violación, teatral


Seres biónicos choutan camiño adiante 
colgados dos axouxeres que nos deitan ao fracaso


Tí e máis eu collidos da mao
simulando militancia nunha célula clandestina
coma ecuacións matemáticas na morriña doutra boca
resistentes entre as palabras que non entendemos 


Antón

13/08/2011

FERROLLO

Gústame ollar polos buratos
sen intermediarios
coa destreza do ferrollo agochado
lembrando que a besta segue alimentándose
que a súa dieta a cociñámos ti e máis eu
coma seres solitarios na auga doutro soño
mollados      
acochados          
reciclados

Antón 

05/07/2011

MUDAR DE PARECER



01/07/2011

700.000 BICOS


29/06/2011

ANIMAL MEDORENTO


Esborrancho páxinas coas miñas arlequinadas

(clandestinas, sospeitosas, cargadas de dobre intención)

Nos apuntamentos dubido se existes
se vas existir nunca 
camuflada co fondo
coa cor
como animal medorento rexeitando o meu ollar sentinela

Antón

11/06/2011

AZUL SEN NORTE

Na pausa desmedida
a vida dorme sen norte
desdicindo entre almofadas
o renxer das veas soterradas

Anton

06/06/2011

DESEXO


Conto de fadas trash:

sae do sobrado,
sementa a discordia,
túrrame da lingua

[quizais esteas eiquí coma un anxo exterminador]

tes que acreditar no que digo, precísoo,
sabes que non quero terche tanto medo,
que es declaradamente imposíbel para mín
soc massa vell per resseguir la travessia de la derrota,
per quedar amb el càstig dels silencis,
per fallar-te així





28/05/2011

LOIS 4

                                      null    

 Grande Lois



16/05/2011

LOIS 3
















14/05/2011

LOIS 2

Eu tamén teño baleas a bogar no rostro
naos senlleiras esmigalladas nun camiño
sen balbordo
seguro e infindo coma o teu ollar tan humano

Anton

13/05/2011

L. O. I. S.


Poeta dos  lusco-fuscos, marchaches sen te despedir
[e se son so figuracións miñas? e se é tan só unha miraxe e estou equivocado en todo? e se nada disto é certo? ]
A rutina, decrepita e acartoada, latexa setenta e dúas veces por minuto, amaña as cousas, deixa que aínda sexa humano
[aquel feroz catecismo chegou a ser a miña fe, a miña  lei,  unha araña atroz que  aniñou no meu recanto, no barco ingrato que alimentei  con versos , con paixons deitadas, dramático]
Estiveches naquel rocho, víchelo ... E agora QUE ?



07/05/2011

QUIROGA

Confésome adicto á dor das palabras tatuadas no coitelo
coma un  asasino espreitando entre as silveiras

AVÍSASME


... se queimas versos na lareira
separarás osos e cinzas
imposibilitarás ocos para o posuído
arderá todo no link...

Rectifico o teorema e afío o gume albiscado no teu ollar


Sinto a lene friaxe dos cumes de Quiroga
mitade godello mitade mencía

Antón

29/04/2011

L´ODI SOCIAL

15/04/2011

Galicia......

10/04/2011

ZAMIATIN





(Video de Luna Quiroga sobre o libro "Nós" de Zamiatin  ALUCINANTE)

09/04/2011

MEDO



01/04/2011

PEIXE PARA OS GATIÑOS


Antón

22/03/2011

RELACIÓN HOME-MULLER


18/03/2011

BOTADO AO BRAVÍO

Ruixa`m de querosè, passam la torxa
aspiraré la nit dins la boca oberta
amb la negror deixada anar en una illa d´hivern
aïllada,
buida,
com el silenci d´aquell murmuri que no vam estrenar

Quen lembra o que algunha vez sucedeu ?


07/03/2011

QUEN?

04/03/2011



Hoxe si, hoxe si que é un dia para berrar de ledicia ! Wa yeah !

03/03/2011

CARPE DIEM

O gozo dos corpos xeme  brua  aldraxa
coma claustrofóbico corsé de tópicos
na baixamar dos tempos

Antón

26/02/2011

JESUS LIZANO: POETA ANARQUISTA




Barcelona é berce de soños maravillosos. E Lizano é un deles
[Grazas mestre, obrigado]

21/02/2011

TOXO


18/02/2011

GOZA

15/02/2011


Hoxe rematei de ler " Fin" de David Monteagudo. Alucinei coa prosa deste galego emigrado en Catalunya. De verdade, facedeme caso, INDISPENSÁBEL, do mellor en Castelán nos derradeiros anos. Facédelle un oco no voso tempo, ides gozar até a última páxina.

12/02/2011

CENTO QUINCE PENSAMENTOS POR MINUTO



Antón

POLIGONO INDUSTRIAL DOUTRO TEMPO

Dous animais feridos pola vida,
incapaces de querer,
pasando a noite xuntos tal que
naufragos chegados doutro tempo,
fóra dos regos impostos,
das marcas riscadas na pel,
coa sensación de que a vida pode dar un
xiro en calquera intre

(E o pracer a labrar camiños no interior?)

As glandulas urden algo


Almacenan coraxe para a ocasión

Queda pouco tempo para refundar o paraiso



Anton


10/02/2011

CREO NO CEO, NO INFERNO E NO PURGATORIO


04/02/2011

PAISAXE


01/02/2011

ANARQUÍA


31/01/2011

AZUCRE

Teño longas conversas na aba do tempo
experimentando o azucre zumegante
da túa boca


Afasto as agullas que espetas docemente
sabedor da invernía argallada nos confíns dos versos
como dioivo de palabras adurmiñadas
no ventre da balea.

Antón

25/01/2011

A REALIDADE VISTA DENDE AS NUBES



13/01/2011

OURIZO

07/01/2011

¿ ME GUARDAS EL SECRETO?




Antón, escoitando ao mestre

06/01/2011

SEXTO SENTIDO

Algo quedou por descubrir tralos axouxeres da noite


    [unha foza incontíbel
              unha voz interior
                    unha certeza inexplicábel]


E se fose a curiosidade de afundir no teu nome ?

Antón

04/01/2011

CAMUFLAXE

Agromei coma especie invasora unha
xornada de nubes ausentes.
Deixeime tocar por aquelas maos 
de tacto descoñecido,
unha e outra vez,
finxindo ter paciencia,
decatándome da miña insultante 
c     a     t     i     v     e     z     a

Antón

01/01/2011

(DES)PROPÓSITO