07/10/2011

TRASNO


Non conseguín atravesar a atmósfera do teu mundo
Embargoume a sensación de ser un impostor
un difunto sen autopsia , baleiro coma un animal disecado
Máis crín albiscar algo alí dentro
(insinuacións de pesadelo nunha romaxe fatigosa ?)
Decateime que baixo a pel xa non eras de miña especie
e vivín o demo da espera
o diaño da cobiza
o trasno acendido do desexo

Antón

1 comentário:

zeltia disse...

cando veño polo teu blog, sempre levo algo comigo.