04/02/2011

PAISAXE


5 comentários:

zeltia disse...

Ando eu agora a voltas con Lois Pereiro, despois de poesía última de amor e enfermidade, que me deixou impactada, regaláronme esta semana Conversa ultramarina, e gústame telo, porque da súa poesía medroume o desexo pola persoa

Antón disse...

Eu ando coma tolo agardando polo documental da súa vida, que supoño saíra á luz polo mes de maio, para o dia das letras galegas. Afondar un pouco máis na súa traxectoria vital pode ser moi enriquecedor, alén das súas poesías que son do mellor que pariron as nosas letras... por certo, que sorte poder asistir a presentación do libro no Borrazás, envexa che teño !!! Bicos Zeltia

zeltia disse...

si, disfrutei moito. e entereime de chiripa xa no último día; por cuestións de horarios xa non topei con quen ir, e planteime alí soa con dous güevos, que xa sabes que as mulleres non adoitamos ir soas de noite a ningures haha, estupenda ocorrencia porque fun cedo e "adoptáronme" enseguida os participantes e organizadores que andaban xa por alí. Tiven ocasión de departir con eles e escoitar conversas e anécdotas dos presentes que trataran a Lois.

Moitas grazas polos enlaces que aportaches á miña entrada!

Raposo disse...

Lois Pereiro: os seus poemas son do mais lúcido e impactante que pariu a nosa terra.
Apertas.

Antón disse...
Este comentário foi removido pelo autor.