27/04/2010

CANIBALISMO


Antón

22/04/2010

DARWINISMO IDEOLÓXICO


Ocultas os propósitos no chan,
baixo as bandeiras que fuxen,
xeada dos alcólicos.

Semellas un bosque antigo,
cinguida ao exotismo do irreal,
á faladuría dos axiomas.

Entre as dúbidas manifestas
a desidia dos desarmados.

Acouga. Gasta os versos que non tes

... nunca fixemos castelos baixo o agocho besbellado...






Antón

21/04/2010

VELENO

Antón

17/04/2010

SON


Adicto aos desexos primarios
á baleira naftalina da tribo
aos que quedaron illados en ti

/ a imaxe máis perversa tamén
pode ser a máis bella /

Adicto a todo naufraxio interior
aos ridículos extremos do mundo
ao marmurio deitado no adro

/ Alicia non vive eiquí, morreu
no derradeiro poema de amor /

Daquela non son unha enteléquia: EXISTO

( e son capaz de durmir en voz alta
coa pantasma da túa imaxe tatuada)

Antón

16/04/2010

ANTERGOS CERCADOS


Anton

15/04/2010

ELECTRODUENDES




Hoxe necesito unha boa inxección de Punk. Pídemo o corpo. Saúde e liberdade a todos

14/04/2010

SEARA DO RIO


Son naufraxio que cuspe o mar,
pelexa hipercalórica dunha vida ancorada,
a rentes do chan,
co abaneo das ondas medrando nos ollos,
contraatacando neste territorio liberado,
sinxelo ao escachar nun camiño ateigado de sorrisos.

(descifrado)


Antón

08/04/2010

LÍQUIDOS


Secuestras os líquidos
deshidratando a adicción.

Sen ánimo quedo cheo de ti,
ecuánimemente,
tiroteado na desfeita desta caixa de mistos,
hipercalórico como a realidade que me tocou roer,
faladuría que corre entre a xente,
entre as tripas liscando do ventre ,
obrigado a exercer a autoridade
do que non está subordinado a ninguen

Antón

04/04/2010

C.A.G


(memorábel despropósito, narcosala do refugallo
divertimento ideolóxico, pouso das ambicións)

escorrentada mental
(retrouso A)

(despropósito de narcosala, refugallo memorábel
pouso das ambicións, divertimento mental)

escorrentada ideolóxica
(retrouso B)




Antón