03/12/2012

Dareiche Anarquía












02/12/2012

Filofobia

CREAR


(Non curo as chagas; as creo as creo as creo
as creo as creo as creo as creo as creo as cre
o as creo  as creo  as creo  as creo  as  creo)

Comezo dende abaixo nun trópico imaxinario
debullando arañeiras, esganando coas maos

Nos bosques de frores agochome tralos talos
                                   [e]
súo  savia  para ti na luz voyeur que nos esperta


( houbo algunha vez  silenzo no noso dique seco ?)

O ABSURDO OBRIGANOS A SER ABSURDOS!!

Antón

                                     







13/11/2012

Sobexo


11/11/2012

INDEPENDENCIA

 
 

20/01/2012

BALEIRO


SS


11/01/2012

GÁRDOO PARA TI


Antón


MARÉ


Algo sanguíneo turra de min

                      (o soño dunha besta durmida
                      a queixa dun animal acachoupado
                      a nostalxia dun mundo errado)

Un rancor danado pon medras ao noso abraio
ennobelando para sempre a túa pel coa miña pel

Antón

05/01/2012

DIAZ PARDO



Rompo os vidros da xanela coas gadoupas que crecen nos ollos
incapaz de me vestir coa propia pele
mol como a cera e o granito  do home que non sabía morrer



Antón





01/01/2012

2012


Aínda queda sol nos meus osos
 (e cos sargazos podres da gorxa
consumirei a noite dos lobishomes)

Antón