31/03/2010

MERLO



Antón

24/03/2010

ARREDADOS



Civilízame
edúcame na farsa dos sátiros
golsarei muxicas apreixadas nos complexos
rilladas nos bosques queimados en ti
en igualdade de oportunidades
coma restroballo destrouto corpo
sen restaurar

Antón ,

22/03/2010

DESACONCHEGAR

Bótasme pola forza da desorde da chousa
afrouxando os amallós que guiaron o desprezo
o alivio deste que foi foro e privilexio
entre tanto fastío desarroupado
acubillo do imposíbel, mitade desaconchegada,
fóra coma berro de fera
puro,
simple
sen mestura

Antón

12/03/2010

BURÓCRATA



Os mavericks cuspen clásicos agochados nas bombas Orsini.
Disidentes e heterodoxos, enxergan cortellos
onde comunistas de champaña fan de nós
os mellores e máis doces cans de palleiro

Retrouso : non hai guerras de grafitis nas rúas
nin brainstormings para os obreiros


Antón

11/03/2010

ARTIFICIO


Antón

08/03/2010

ARROUTADA


Política de terra queimada en cada bico


É a consigna da arroutada,
fetichista das causas perdidas...

Antón

07/03/2010

UNDERGROUND


O primeiro punk chamouse Rimbaud.
Naceu tatexando a coxeira do mundo,
a infección purulenta dun útero
de arañeiras e paredes núas.

Enferruxado, viaxou á chantaxe
liberadora das palabras,
ao desleixo dunha boca sen dentes
mastigando o derradeiro anaco de vida.

Tatuemos entón o seu nome,
sexamos silenzo segredo,
mesquiños, escasos,
coma aprendices de pistola de Verlaine

Antón

03/03/2010

GUIA CINEMATOGRAFICA PARA PERVERTIDOS

Antón, o Rotweiler Católico

TI



Antón