31/05/2010

ELOS



Antón

27/05/2010

1985


Paseo entre as diferenzas do castrado
abrollando dun pasado en ruinas
procurando o que aínda subxace en mín

sentimentos

ilustrados
nos
piollos...

Antón

26/05/2010

MINIFUNDIO EMOCIONAL


Antón

25/05/2010

SOBEXO


É posíbel ter os nosos propios soños
sobexos mentres suplantan o fastío
térmicos de máis nos organos de entrada
(on-off)
testemuñas ao fin dunha saída
que se confirma imposíbel


Antón

23/05/2010

PRIMEIRA IMAXE SUICIDA


Primeira imaxe
[amor suicida, dous minutos de Punk, a ansiedade dun neno]

Porqué todo ten que ter sentido ?

É necesaria unha segunda imaxe?
[sácame de contexto, abúrreme na monotonía, non quero máis latidos , nin poemas , nin bandeiras da patria , quero durmir de lado mentres soa Eskorbuto)

Atopaches xa a miña crista esmagada ?

(imaxínao todo a 180 por hora)
pogo, mosh & slam
, todo o que sube ten que baixar
pogo, mosh & slam, collage bizarro cun par de ostias
pogo, mosh & slam, performance da ausencia


[Os teus restos (moles) mollaran a miña boca]

Chegarei até o faiado dos libros Punk ?

Antón


22/05/2010

EXTENUACIÓN


Quixérame parecer a Borges
até a extenuación
dun xeito hedónico, imposíbel
previndo un futuro canibal para os meus versos
matemáticamente puros como habitacións baleiras
atentos e vitais ante as máscaras de Maquiavelo
glosas, ao fin, para a túa fronteira imaxinaria



Antón

21/05/2010

CORTAZAR...



Antón, até a extenuación

19/05/2010

AÍNDA QUE NON QUEIRAS


Antón

17/05/2010

BOICOT


Antón

11/05/2010

FACENDO O TOLO CO JELLO

Mi madriña, que concertazo. Grazas Bene por pasarme o Link, e o Miquel case esmagado polo Jello... GALIZA UBER ALLES !






(eiquí no ano 79... incríbel)

07/05/2010

PHOTOSHOP


Agochas o tremor do que voltará sen ti
cibernaufraga na polifonía dos textos

Retócame,
aforrarás o traballo de vivir o milagre

Antón

06/05/2010

BARRICADA


Descifro o código da arroutada,
patentando as estremas que ti e máis eu fixemos,
como sebes de estripeiro no cumio dos meus ollos,
ergueitos de máis,
procurando os fíos que coserán teu corpo sen costuras,
aniquilado onte,
lembrado hoxe,
lonxano

Antón