31/01/2010

KORUÑO

Eles,
afían o gume coas escusas cosidas á boca
vencellados a un Adn que rexeitan
de farrapos escuros
sombras arredadas
navalladas ceibes
feridas abertas




Antón

11/01/2010

1/1+1=

Entro no sistema inmunolóxico.

No interior, un manuscrito
borrador dun conto de Orwell

leo

...ante o exercicio espiritual de tanta mentira
o choque parece inebitábel...
(sen hino, sen bandeira, sen patria
serás sombra de ti mesmo)

na derradeira folla un surrealista fala

... a fouciña de Rosalía olla para ti dende a resposta...


Redúcese todo á coller a xustiza pola mán ?




Antón

09/01/2010



Antón

08/01/2010

BELEZA EXTRAÑA




Os partisanos espiamos a arte
dos que saben admirar a beleza extraña,
combinación perfecta sen límites ,
agardando polo medo en complicados seres humanos,
de poliester desgastado
reciclados e reciclábeis na súa
falsedade asumida.


Antón

05/01/2010

SUOR EXTREMA

Dan medo as pingas batendo no chan
enchoupadas no útero biónico
mortas
antes
de
caer


Antón

04/01/2010

DESXUNGUIR



Substancia química de microorganismos apañados ,
aserción esquiva da alma,
medrarás nos ollos da carpideira ,
espontanemente,
desviando do camiño os desamalloados fios do foraxido

...Derreado, percorro o flashback dos insurrectos
delicia deportada derriba dos ególatras...

... consumo gráficos dos sinais do corazón

escaravello polas rúas abertas,
esquemática realidade do alcohol
corpo de galdrapo
todo eu...


Antón







02/01/2010

MANS



Antón