28/05/2011

LOIS 4

                                      null    

 Grande Lois



16/05/2011

LOIS 3
















14/05/2011

LOIS 2

Eu tamén teño baleas a bogar no rostro
naos senlleiras esmigalladas nun camiño
sen balbordo
seguro e infindo coma o teu ollar tan humano

Anton

13/05/2011

L. O. I. S.


Poeta dos  lusco-fuscos, marchaches sen te despedir
[e se son so figuracións miñas? e se é tan só unha miraxe e estou equivocado en todo? e se nada disto é certo? ]
A rutina, decrepita e acartoada, latexa setenta e dúas veces por minuto, amaña as cousas, deixa que aínda sexa humano
[aquel feroz catecismo chegou a ser a miña fe, a miña  lei,  unha araña atroz que  aniñou no meu recanto, no barco ingrato que alimentei  con versos , con paixons deitadas, dramático]
Estiveches naquel rocho, víchelo ... E agora QUE ?



07/05/2011

QUIROGA

Confésome adicto á dor das palabras tatuadas no coitelo
coma un  asasino espreitando entre as silveiras

AVÍSASME


... se queimas versos na lareira
separarás osos e cinzas
imposibilitarás ocos para o posuído
arderá todo no link...

Rectifico o teorema e afío o gume albiscado no teu ollar


Sinto a lene friaxe dos cumes de Quiroga
mitade godello mitade mencía

Antón