13/05/2011

L. O. I. S.


Poeta dos  lusco-fuscos, marchaches sen te despedir
[e se son so figuracións miñas? e se é tan só unha miraxe e estou equivocado en todo? e se nada disto é certo? ]
A rutina, decrepita e acartoada, latexa setenta e dúas veces por minuto, amaña as cousas, deixa que aínda sexa humano
[aquel feroz catecismo chegou a ser a miña fe, a miña  lei,  unha araña atroz que  aniñou no meu recanto, no barco ingrato que alimentei  con versos , con paixons deitadas, dramático]
Estiveches naquel rocho, víchelo ... E agora QUE ?



1 comentário:

Heutor disse...

O lusco-fusco!, que seria do ser humano sem lusco-fusco!!!