20/10/2011

TRILOBITE


Acubillado na esfera percorro tempos pasados
arranxando eivas , debullando horas

( sen presa reflicto a cobiza dos raposos )


Ao fondo  a ialma acouga 
soterrada na area dun mar primixéneo
esquencida  para sempre na lonxanía
dun trilobite 


Antón

2 comentários:

zeltia disse...

os últimos versos chegáronme moito.
[a imaxe do trilobite, boísima, ó meu parecer]

Antón Mixiriqueiro disse...

Grazas Zeltía, é un pouco antigo, mais resgateino da desfeita.