26/02/2010

EU




Impoño normas á afogada,
gravames imposíbeis de atinxir,
contracción persistente,
na continua marusía deste
inverno decretado.

Fuxo. Non quero mirar a auga
deste ensoño que manca,
balbordo salobre dun po
que risquei no fondo do espello.

Antón

24/02/2010

ANTERGOS


( Nunca un lobo come a outro)

23/02/2010

GUERRA



Anton

20/02/2010

BOSCO


Antón, escoitando Real Mckenzies

19/02/2010

CAPACIDADE 2


Berros cobertos de arume en xacementos nocturnos
dando forma ao teatriño de monicreques
cadanseu decibelio en cadanseu membro da víctima
engulida nun símil de Edén
nese espazo íntimo de pracer sen palabras, sen ollos nin acenos
onde o tremor é destrucción e as almas visitantes
agardan (por ti) tralas raiolas do faiado

Antón

18/02/2010

CAPACIDADE


( berros cobertos de arume + mares embravecidos en hendecasílabos cambiantes + bicos canturuxeiros/bocas neolíticas )
=
Resultado
incerto
da
ausencia

NARCÓTICOS



Poño en práctica unha técnica,
técnica acelerada dos que actuamos ás présas,
présas multiplicadas, proído inquedo,
inquedo inquilino coma o aceno da barbantesa,
barbantesa de rezo barbitúrico,
barbitúrico e alleo,
si, partidario total da revolución permanente


Antón

17/02/2010

TINTA 2010


O home ulía a tinta vella e
ollaba co xorne dos rexeitados

Non se recoñeceu no espello
e continuou a fedellar no lixo
na procura dalgunha palabra

-espida-

que o achegase a ti e o afastase
da soedade infinda do sartego
Anton

QUEN A FORCA SE DEBE



Colócaste por riba excedendo as forzas
sobrealimentada nunha aprendizaxe extrema
nun estado corporal de desexo domeado á vontade
controlado polo espolio dos que derregan as paixóns
entre organismos arruinados
caídos, si, en noites descastadas de amor descortes

Antón

16/02/2010

AMOR... E GUERRA SOCIAL




Hai fame de épica,
de historias contadas ao marxe do post-it
entre homes conservados en sal
contaminantes orgánicos persistentes
baixo túmulos prohibidos por linguas prohibidas:
S
e non se pode bailar esta non é a miña revolución

Antón

11/02/2010

ARRANXANDO EIVAS A DISPAROS


Mergúllome no inventario do caos,
nunha retrospectiva accidentada,
de pantasmas confusas en conflicto permanente,
paradigmáticas coma os pecados do Lobishome

/San Jenjo/Rianjo/Villanueva/Buey Muerto/Ordenes/La Puebla/



10/02/2010

NORMES D´ US DELS AUTOBUSOS



Per garantir la vostra seguretat




Espanya





es prega ocupeu aquest espai

02/02/2010

GUíA DE CONTACTO ALIENÍXENA (1971)

Os fillos do Baby Boom
pasean polo polígrafo
agora que o mundo é gratis
e Berlín non paga traidores.
Militancia Chic preparada.
3,2,1... contacto !

Antón

01/02/2010

SON


Son;
delirante pasatempo neolítico
distancia malabar do entroido clandestino
33% alienado 67% encriptado
certeiro como a alma de segunda mao
que roubaches dos refugallos
miniatura na proeza de teu nome

Antón