31/01/2011

AZUCRE

Teño longas conversas na aba do tempo
experimentando o azucre zumegante
da túa boca


Afasto as agullas que espetas docemente
sabedor da invernía argallada nos confíns dos versos
como dioivo de palabras adurmiñadas
no ventre da balea.

Antón

25/01/2011

A REALIDADE VISTA DENDE AS NUBES



13/01/2011

OURIZO

07/01/2011

¿ ME GUARDAS EL SECRETO?




Antón, escoitando ao mestre

06/01/2011

SEXTO SENTIDO

Algo quedou por descubrir tralos axouxeres da noite


    [unha foza incontíbel
              unha voz interior
                    unha certeza inexplicábel]


E se fose a curiosidade de afundir no teu nome ?

Antón

04/01/2011

CAMUFLAXE

Agromei coma especie invasora unha
xornada de nubes ausentes.
Deixeime tocar por aquelas maos 
de tacto descoñecido,
unha e outra vez,
finxindo ter paciencia,
decatándome da miña insultante 
c     a     t     i     v     e     z     a

Antón

01/01/2011

(DES)PROPÓSITO