23/08/2011

PAISAXE CON PISTOLA AUTOMÁTICA

A canción do verdugo pendura do teito 
nunha paisaxe de violación, teatral


Seres biónicos choutan camiño adiante 
colgados dos axouxeres que nos deitan ao fracaso


Tí e máis eu collidos da mao
simulando militancia nunha célula clandestina
coma ecuacións matemáticas na morriña doutra boca
resistentes entre as palabras que non entendemos 


Antón

2 comentários:

zeltia disse...

que mal sabor de boca deixa este teu poema, antón

Antón Mixiriqueiro disse...

Certo, é unha putada de poema