28/10/2011

CAMUFLAXE


Son un sistema sinxelo de detalles complexos

( logo de me cuartearen, de me esfolaren
de me chucharen o sangue, de usurparen o meu tempo
lembráronme que a camuflaxe fora un falso engano
unha fada posuída por un soño lascivo
o argurmento para desexar en paralelo)

Agora volvémonos erguer nos dous extremos máis afastados do mundo
e non existen xa palabras que poidan unir semellante distancia

Antón

4 comentários:

Raposo disse...

Os atallos quizáis poidan axudar!

Antón Mixiriqueiro disse...

Ogalla se poidesen coller...

Maribel-bel disse...

A loita continuada(aínda que séa en cachiños) é bo pa medrar, botar barriga e vivir de recordar. Levantarse e volta de novo. Un bico ó revés

zeltia disse...

o universo sempre en expansión.