13/08/2011

FERROLLO

Gústame ollar polos buratos
sen intermediarios
coa destreza do ferrollo agochado
lembrando que a besta segue alimentándose
que a súa dieta a cociñámos ti e máis eu
coma seres solitarios na auga doutro soño
mollados      
acochados          
reciclados

Antón 

2 comentários:

Kaplan disse...

Agradézolle a visita. Seguirei asomando por aquí. saúde

Antón Mixiriqueiro disse...

Grazas e benvido ao meu recuncho de tolemías. Saúde !!