30/12/2010



Que pasedes unha moi boa entrada do ano...
Antón
v

18/12/2010

FACEMOS TARDE


Antón

16/12/2010

ELO


Antón

14/12/2010

ELA


Antón

11/12/2010





Todo o dia  coa cancionciña na cachola...

10/12/2010

A DERRADEIRA LETRA



Antón

08/12/2010

PORNOASALTO

07/12/2010

ILLADOS

Quero quedar illado contigo nos confíns máis lonxanos da terra
onde non chegue o balbordo eléctrico do devir cotiá
onde sexamos ceibes para falar a língua dos lobishomes
e rir ás gargalladas cos acenos cómicos das donicelas
s e n    t e r    q u e    d e m o s t r a r    r e n ,
coma bestas salvaxes feitas de colmo e do xiabre máis ruín...
Mais os chanzos están podres e esvaro no lidro húmido,
esnafrando de novo na realidade de ter que cangar coa túa
imaxe de verbas bretemosas e inalcanzábeis.


Antón

06/12/2010

ANTES DE QUE MUDASE O TEMPO


03/12/2010

CORISCADA



Proe  tanto cás veces rexeito
a xistra soterrada baixo os pés
a posibilidade incluso de sermos
unha illa osmada no mezcal
violenta
coma os nosos nomes apreixados

Aperto os dentes para coutar a raiba:
abandonarei ás malleiras cotiás dos    
arrecastados


Antón

30/11/2010

PARAFUSO


Antón

28/11/2010

ARREPIO

27/11/2010





Antón

26/11/2010

O DIA CLARO E A CASA BALEIRA

Quero que os bicos sexan sintéticos
na taxidermia das emocións

E que o tempo pare para sempre 
no reloxo que nunca me deches

Anton

23/11/2010

DESEXO

22/11/2010

BATER POR SORPRESA


Antón

13/11/2010

CRECHAS

Teu recendo podrece miña alma
con pucharcas lamacentas das que quero beber.
Tento acougar, arelando a enchente desexada.
As verbas malditas atéiganme a cabeza con sal e pementa ,
manxar espurio no que recuncar á mantenta.
Arfo de ledicia diante da opción doada,
termando dela para xunguirme a ti.
Non sei onde procurar a túa imaxe de crechas imposíbeis.
 

Antón, relembrando o pasado

12/11/2010

ENMURALLADES

Enmurallades, les bèsties de càrrega ressorgeixen de les criptes,
lluitant per la victòria amb una sola queixalada,
sense dilacions, enceses i volcàniques,
a la recerca d´un lloc on buidar l´excepcionalitat,
puntada a puntada per les restes del teu nom

Antón

09/11/2010

PER TOTS ELS MITJANS

 
Antón

08/11/2010

OS RELOXOS NON QUEREN TRABALLAR

Fotogramas artificiais en ollares de envexa

prendendo outros seres en mín

trigonométricos coma o desmonte da triscada


Antón

29/10/2010

EV55



Antón

27/10/2010




a verdade da poesía...

21/10/2010

PANY

M´agrada guaitar pels forats
sense intermediaris
amb la destressa del pany amagat
recordant que la bèstia segueix alimentant-se
que la seva dieta la cuinem tu i jo
com  essers solitaris dins l´aigua dun altre somni
mollats
amagats
reciclats

Antón

19/10/2010

E TANTO QUE CHEGA...

17/10/2010

EV2


Antón

FEITO


...eu xa o fixen

15/10/2010

DESEÑO

Escacharei o  animalario extinto das nosas vidas .
E o adival da escuridade  fará  o resto.


Antón

14/10/2010

JOY DIVISION




Hoxe lembrei esta canción todo o dia... Poesia para testaláns, para túzaros... poesia...

13/10/2010

LA FI D´UN IDILI










Antón

11/10/2010

VENDIMA

07/10/2010

ANTISISTEMA IV


ANTISISTEMA II

ANTISISTEMA


(roubado ao grande Bansky)

04/10/2010

JOY DIVISION II

Agora vou envurullar o silenzo cun arrepío debruzado
(a  arela infinda escoitará este  renxer)
             
/son a máis pobre das fanecas/
/a que morde as paredes das  batallas/
/a que escorrenta os medos dos solpores/
/a que baixa ao fondo dos corpos /

Arreguízan os ollos frios estrando o retrouso  na  noite

THEN  LOVE , LOVE  WILL  TEAR   US   APART  AGAIN


ANTÓN

30/09/2010

JOY DIVISIÓN



Antón

29/09/2010

FOLGA BCN

20/09/2010

CHEGA O LUAR

Non sei facer outra cousa senón trabar cos dentes.

Mordo ata o oso na túa procura, ata o fondo das entrañas,

fuxindo para salvarme das cousas que deixaches,

dos impulsos do meu sangue antigo

daquil azul zafiro sen desexo


A carne é feble.

Quizais sexa mellor así.

Antón

15/09/2010

BARBANTESA ?




Antón

10/09/2010

RAIBA !!!!!!!!!!




Antón... pídemo o corpo

Ela ao lonxe,
engruñandose coma se quixese conservar a calor,
a tempo de esvaecerse para sempre


08/09/2010

CADELA DE FRADE


Antón

06/09/2010

CAN FAMENTO

Só o silenzo me responde,
cheira a queimado no meu colo,
por iso volo ofrezo,
cambaleandose,
máis afastado do que aínda estaba,
pornográfico no útero doutro ego.


...este poema non é o que parece...


Antón

04/09/2010

AUTODESFEITA


Anton




02/09/2010

SEQÜELES

Se´n va anar i va deixar racons
caus de bruixes
equilibris a contrarellotge

Se´n va anar amb els ulls nus
buidant de circumstàncies el llit
rere un cos sense seqüeles

Ara tinc fred...
caigut de sobte a la travessa de l´espant

Antón

24/08/2010

RAUXA?


Botei tempo , máis xa podo escribir cun mínimo de dignidade na lingua do país que me acolleu. De eiquí para adiante todo o que faga en lingua catalá publicareino no blog dins la rauxa. Un saúdo

http://dinslarauxa.blogspot.com/

20/08/2010

DESIDENTITAT

Cansam,
empaitam per la utopia,
per l´engany de les aparences,
se que és el moment dels calfreds,
d´eriçar els pèls dels braços,
de la xiscladissa dels colonitzats

Et sé i em sé entre roses inertes,
com figures d´ángels negres en un riu d´ombres,
fora del temps,
amb els rostres en perpetua rebel.lia,
teixint la platja de la nostra llibertat,
insomnes i vestits de dubtes
al camí de la desidentitat

Antón

27/07/2010

FOLIADA

O universo enteiro está en chamas esta noite entolecida
enigma absoluto para os acenos das mordedelas
:
longa noite á escuridade que levamos dentro

Antón

13/07/2010

CRIATURES COMPLICADES

Visquem més enllà de les veus esmolades,
dels xiuxiuellos d´alló que no s´enten,
llimacs amagats en racons d´ausencies,
gairabé líquids a la foscor de la calitja,
borxant ferides que atrapen, que sedueixen,
tan desmesurades com el vertigen d´odiar algú
que estimes

...no me´n canso de tu...

Antón

07/07/2010

ÁRBORE

Graváches mensaxes distintas en distintos tempos
mirando para min dende as sombras
ao axexo
con esa mirada torva que pos cando estás a pensar
illada dos sentimentos de verdade
da incapacidade de sentir
coma se mastigases a man de terra que enraiza
as apalpadelas na árbore clandestina

fóra daquilo que foi saudade, morriña, noxo

noxo?

05/07/2010

E2

Contés a inercia do caixón
degrañándo o xaxún da ausencia
coma fiuncho servil
dun tempo pasado

30/06/2010

FEM TARD

Tot son presses als
viatges de descoberta...

Qui té temps per
esperar-se dos minuts?

Antón

27/06/2010

NÓS


(Compendio de
animais extintos
buscando respostas)

Antón

25/06/2010

PLACEBO

(O bico que non se ve
é fillo dun silenzo en guerra,
placebo enxebre na procura
do corpo amigo)

Antón

22/06/2010

EL PODER TRANSFORMADOR DE LES PARAULES

Paraules
un desert on predicar les virtuts de l´estómac
les cartografies d´una guerra sense mapes
inventari d´estigmes decepcionants

Antón

21/06/2010

HUMMUS

La flama de la resistència
busca l´estratega perdut,
l´inquisidor selectiu que
donará fi a la lucidesa.
Aquest és el gran obstacle,
l´hummus de l´existencia sencera,
anihilar l´individu per forjar passions
contingudes

Antón

19/06/2010

CEIBAR

Derrótame
guiarei a ferruxe até a boca
aos confíns durmidos do padal
fosilizado no vestixio da Deusa

Derrúbame
ficarei desfeito na carne
cariñento coma can destrabado

( inerme no camiño desnortado)


Antón

15/06/2010

ARQUEOLOXÍA

A miña arela é un vestixio na túa.
Arañeiras doídas tezo coas novas liturxias,
novos fíos revirados cara a mín nun longo adeus que non entendo.

Abandeirado desta señardade soterro a morriña entre as antas
baixo a sombra espida daquilo que foi indicio, arroubo
ÉXTASE

Antón

13/06/2010

EXTRAMURS

Antón

11/06/2010

ESPOLIO

Encovado nos bicos dos outros
nos devezos esmiuzados
no irto sentimento que afoga

Evítame,
aínda habito no leito espoliado

Antón

10/06/2010

TIRANÍA



Añoro de súpeto as túas fotos
o gume diáfano que estirpou a noite
da carne da apocalipse

Antón







09/06/2010

MARMURIO


  1. Lista numerada

08/06/2010

BIÓGRAFO

04/06/2010

RECORDATORI

Convidam

Mesuraré la punteria del teu cos
els pèsols arrenglerats que ballen enfront del mur
com vertígens dun lluitador instal.lat als marges
amb l´elegància propia del número zero
castigat sense el record violent del teu record

Antón

03/06/2010

PARÁLISE

Estou na lista dos que teñen medo
dos que seguen as receitas no xardín da geisha
conxugándose sen límite no futuro
no segredo que serve de ferrollo
na parálise permanente da túa boca


Antón

APUNTES BIOGRÁFICOS



Antón

02/06/2010

ACTITUDE


Antón

31/05/2010

ELOS



Antón

27/05/2010

1985


Paseo entre as diferenzas do castrado
abrollando dun pasado en ruinas
procurando o que aínda subxace en mín

sentimentos

ilustrados
nos
piollos...

Antón

26/05/2010

MINIFUNDIO EMOCIONAL


Antón

25/05/2010

SOBEXO


É posíbel ter os nosos propios soños
sobexos mentres suplantan o fastío
térmicos de máis nos organos de entrada
(on-off)
testemuñas ao fin dunha saída
que se confirma imposíbel


Antón

23/05/2010

PRIMEIRA IMAXE SUICIDA


Primeira imaxe
[amor suicida, dous minutos de Punk, a ansiedade dun neno]

Porqué todo ten que ter sentido ?

É necesaria unha segunda imaxe?
[sácame de contexto, abúrreme na monotonía, non quero máis latidos , nin poemas , nin bandeiras da patria , quero durmir de lado mentres soa Eskorbuto)

Atopaches xa a miña crista esmagada ?

(imaxínao todo a 180 por hora)
pogo, mosh & slam
, todo o que sube ten que baixar
pogo, mosh & slam, collage bizarro cun par de ostias
pogo, mosh & slam, performance da ausencia


[Os teus restos (moles) mollaran a miña boca]

Chegarei até o faiado dos libros Punk ?

Antón


22/05/2010

EXTENUACIÓN


Quixérame parecer a Borges
até a extenuación
dun xeito hedónico, imposíbel
previndo un futuro canibal para os meus versos
matemáticamente puros como habitacións baleiras
atentos e vitais ante as máscaras de Maquiavelo
glosas, ao fin, para a túa fronteira imaxinaria



Antón

21/05/2010

CORTAZAR...



Antón, até a extenuación

19/05/2010

AÍNDA QUE NON QUEIRAS


Antón

17/05/2010

BOICOT


Antón

11/05/2010

FACENDO O TOLO CO JELLO

Mi madriña, que concertazo. Grazas Bene por pasarme o Link, e o Miquel case esmagado polo Jello... GALIZA UBER ALLES !






(eiquí no ano 79... incríbel)

07/05/2010

PHOTOSHOP


Agochas o tremor do que voltará sen ti
cibernaufraga na polifonía dos textos

Retócame,
aforrarás o traballo de vivir o milagre

Antón

06/05/2010

BARRICADA


Descifro o código da arroutada,
patentando as estremas que ti e máis eu fixemos,
como sebes de estripeiro no cumio dos meus ollos,
ergueitos de máis,
procurando os fíos que coserán teu corpo sen costuras,
aniquilado onte,
lembrado hoxe,
lonxano

Antón

27/04/2010

CANIBALISMO


Antón

22/04/2010

DARWINISMO IDEOLÓXICO


Ocultas os propósitos no chan,
baixo as bandeiras que fuxen,
xeada dos alcólicos.

Semellas un bosque antigo,
cinguida ao exotismo do irreal,
á faladuría dos axiomas.

Entre as dúbidas manifestas
a desidia dos desarmados.

Acouga. Gasta os versos que non tes

... nunca fixemos castelos baixo o agocho besbellado...






Antón

21/04/2010

VELENO

Antón

17/04/2010

SON


Adicto aos desexos primarios
á baleira naftalina da tribo
aos que quedaron illados en ti

/ a imaxe máis perversa tamén
pode ser a máis bella /

Adicto a todo naufraxio interior
aos ridículos extremos do mundo
ao marmurio deitado no adro

/ Alicia non vive eiquí, morreu
no derradeiro poema de amor /

Daquela non son unha enteléquia: EXISTO

( e son capaz de durmir en voz alta
coa pantasma da túa imaxe tatuada)

Antón

16/04/2010

ANTERGOS CERCADOS


Anton

15/04/2010

ELECTRODUENDES




Hoxe necesito unha boa inxección de Punk. Pídemo o corpo. Saúde e liberdade a todos

14/04/2010

SEARA DO RIO


Son naufraxio que cuspe o mar,
pelexa hipercalórica dunha vida ancorada,
a rentes do chan,
co abaneo das ondas medrando nos ollos,
contraatacando neste territorio liberado,
sinxelo ao escachar nun camiño ateigado de sorrisos.

(descifrado)


Antón

08/04/2010

LÍQUIDOS


Secuestras os líquidos
deshidratando a adicción.

Sen ánimo quedo cheo de ti,
ecuánimemente,
tiroteado na desfeita desta caixa de mistos,
hipercalórico como a realidade que me tocou roer,
faladuría que corre entre a xente,
entre as tripas liscando do ventre ,
obrigado a exercer a autoridade
do que non está subordinado a ninguen

Antón