07/12/2010

ILLADOS

Quero quedar illado contigo nos confíns máis lonxanos da terra
onde non chegue o balbordo eléctrico do devir cotiá
onde sexamos ceibes para falar a língua dos lobishomes
e rir ás gargalladas cos acenos cómicos das donicelas
s e n    t e r    q u e    d e m o s t r a r    r e n ,
coma bestas salvaxes feitas de colmo e do xiabre máis ruín...
Mais os chanzos están podres e esvaro no lidro húmido,
esnafrando de novo na realidade de ter que cangar coa túa
imaxe de verbas bretemosas e inalcanzábeis.


Antón

5 comentários:

Maribel-bel disse...

Un soño, como tal precioso pero en tempo, se realmente importa, sería cortiño..ou non?. Preciosa declaración. Un biquiño

Antón disse...

A realidade que o esmaga todo...

zeltia disse...

que ben se debe quedar un sendo capaz de escribir o que realmente
quere expresar.
sinto moita envexa

odio as verbas bretemosas.

outra consultiña:
xiabre
non sei o significado [nin vén no meu diccionario, nin no estravíz on line]

Antón disse...

Xiabre é un tipo de lousa que facemos servir moito nas terras de lemos para a construción... terras bretemosas, como as palabras que odiamos... un saúdo

zeltia disse...

agradecida, antón.

:)