11/12/2010





Todo o dia  coa cancionciña na cachola...

6 comentários:

zeltia disse...

go slow...

polo menos a tí péganseche cancións que non son unha merda, como as que se me pegan a min... [e non hai maneira de botalas fora]

non sabía destes rapaces

Antón disse...

Gustáronche? Son xeniais, con 20 anos aínda non feitos e a música que son capaces de facer... se queres fedellar máis pódelos escoitar no Spotify, está o seu primeiro traballos "XX"... a min a parte de "crystalised" vaime moito "Islands"... adictivos

bicos

zeltia disse...

Eu pasmo co que é capaz de facer a xente nova! [para mín que cando eu tiña esas edades estaba bastante perdida e cos posibles talentos xa capados].
Por iso aprendo moito de xente coma tí.
Grazas pola descuberta, non coñecía nin ó grupo nin o Spotify. (de momento a versión libre)
Creo que o instalarei no traballo (se o firewall mo permite)

zeltia disse...

igual che parece unha parvada,
pero estaba vendo e escoitando por terceira ou cuarta vez un vídeo que fixo un amigo meu, da última nevarada que houbo en Silleda (concello onde eu nacín ainda que vivo na Coruña)
o vídeo leva a música de Savoy Grand [que tampouco coñecía a pesares de levar tempo]
pareceme unha conxunción exquisita de música e imaxes e apeteceume amosarcho.

déixoche o enlace por se queres velo:

http://www.youtube.com/watch?v=1QuAqODWJW8

FERNANDO SANCHO disse...

Gustáronme estos 4 rapaces, tan xóvenes e mira como tocan. A canción e pegadiza. Escoitarei algo máis de éles. Grazas pola entrada

Antón disse...

O video guapísimo Zeltia ! A imaxe das folerpas caendo paseniño no vidro do coche ten unha forza que desacouga ! [e a música a engadila xa no Spoty !]
Fernando, grazas a ti e aos teus experimentos poéticos,o intercambio é o que nos fai verdadeiramente ceibes na rede...

apertas