20/12/2008

CRECHAS

Teu arrecendo podrece miña alma
con pucharcas lamacentas das que quero beber.
Tento acougar, arelando a enchente desexada.
As verbas malditas atéiganme a cabeza con sal e pementa ,
manxar espurio no que recuncar á mantenta.
Arfo de ledicia diante da opción doada,
termando dela para xunguirme a ti.
Non sei onde procurar a túa imaxe de crechas imposíbeis.
Xosé Antón

3 comentários:

amauta disse...

parabéns polo blogue e mais polos bos horizontes literarios que se marca. Amais, eu tamén comparto moitas das súas lecturas.
Continue avante!

Antón Mixiriqueiro disse...

Grazas polos folgos. Unha aperta.

Paz Zeltia disse...

os poemas teñen tantas lecturas coma lectores.

este chegoume