15/06/2010

ARQUEOLOXÍA

A miña arela é un vestixio na túa.
Arañeiras doídas tezo coas novas liturxias,
novos fíos revirados cara a mín nun longo adeus que non entendo.

Abandeirado desta señardade soterro a morriña entre as antas
baixo a sombra espida daquilo que foi indicio, arroubo
ÉXTASE

Antón

1 comentário:

Paz Zeltia disse...

Dando unha volta polo blog, detívenme aquí,
que tamén eu soterro a morriña entre as antas debaixo das sombras esas que dis.

mándoche bicos.