22/05/2009

NAO




Procuro teu corpo nas peles esfoladas


de cores rechamantes,


entre as pugas dos toxos sementados,


perto do arreguizo vital reflectido


na imaxe do espello.


Traballo rigurosamente,


peneirando os minutos


vividos,


arquivándoos en andeis


escachados,


confundido na búsqueda


dunha imaxe que remate co

espexismo do ( teu) deserto.




Antón

1 comentário:

amauta disse...

Agora que xa se pode votar, agardo con ilusión a xornada eleitoral do día 7 (quen sabe, non?).

Pero o certo e verdadeiro son toda esa chea de obreiros do metal que poboan a miña cidade dotando de dignidade á tribo.

Porque Vigo será iso, "semente do futuro proletario que ha vir". Con eleccións ou sen elas, con votos ou sen eles.
Deica!