13/11/2010

CRECHAS

Teu recendo podrece miña alma
con pucharcas lamacentas das que quero beber.
Tento acougar, arelando a enchente desexada.
As verbas malditas atéiganme a cabeza con sal e pementa ,
manxar espurio no que recuncar á mantenta.
Arfo de ledicia diante da opción doada,
termando dela para xunguirme a ti.
Non sei onde procurar a túa imaxe de crechas imposíbeis.
 

Antón, relembrando o pasado

1 comentário:

Paz Zeltia disse...

arfo
¿ven de arfar?
non o atopei no diccionario...

que forte expresas esa necesidade
(quen nunca quixo beber de pucharchas lamacentas?)

xa busquei a ponte da Labrada. grazas por ensinarma