27/11/2009

PARTISANOS


Son o partisano das sabotaxes
o traidor emboscado nos beixos
a mascara vermella da sumisión.

Son eu
rostro desfigurado
inxección destripada
derradeira dose de babuxa
no esvaradoiro dun queixelo
sen soños

Antón

2 comentários:

amauta disse...

Vexo que prolifera túa verquinte poética. Pensaches xa en poñelo "negro sobre branco"??
Agardo que non se faga esperar!
Deica!

Antón Mixiriqueiro disse...

Grazas polas túas palabras Amauta Síntome comodo na rede e concordo co que di o Poeta Estevez no seguinte Link

http://www.youtube.com/watch?v=HeZO-JKc-M8&feature=related

Saúdos