29/04/2009

AMOK


Os toleiráns lemos contos de Zweig
mentres trafegamos as verbas da rede.
Declamamos morriñentos poemas
de Hess espallando o andazo
máis alá das fronteiras imaxinarias,
coma refuxiados líricos
dunha arroutada armada
á que nunca pertenceremos
e da que non quixeramos
saír xamais.
Antón

2 comentários:

amauta disse...

Saúdos, sen segundas voltas (como Correa)!

Non falemos de andazos nestes tempos que corren que a cousa mete medo.

Apertas e parabéns adiantados polo noso día (quer dicir, o 1º de maio)

Ler a Zweig sempre é unha recomendación sá e valiosa.

Deica!

Antón disse...

Zweig é un Totem esquencido no noso tempo e aínda máis entre as camadas populares. Está a piques de saír un libro da correspondencia (de máis de trinta anos )entre Herman Hess e Zwig, pola editorial Acantilado( Castelan) que devezo xa por ter. E sí, amigo Amauta, o 1 de Maio a rúa que a cousa ferve !!