28/07/2009

NA FRAGA


Agochado na fraga recollo os froitos que deitei no lixo.
Coma bichocos dunha estadea mecánica turran de mín
beliscándome ao falar
Esvaran por unha pel morna que de tan enxoita so pode vir da túa lembranza
da húmida e pegañenta lembranza a pexego e mazá, a ameixa e laranxa,
a isa enxurrada doce dos teus bicos
marchando polo camiño da nada.

Antón

1 comentário:

amauta disse...

Beizón polos anacos literarios que nos deixas, meu.
Agardo que non deixes a vontade liberadora da túa escrita.
Deica!