Mostrar mensagens com a etiqueta Faiado. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Faiado. Mostrar todas as mensagens
02/12/2012
23/09/2009
NOXO !!!
A loita é esmagadora irmaos mais lembrade o retrouso da canción
NON PODERAN CON NOS, ADIANTE C.G.T !!!!
http://www.youtube.com/watch?v=F4Mf_zhCsvc&feature=PlayList&p=14FF2F448CF5E1FE&playnext=1&playnext_from=PL&index=37
NON PODERAN CON NOS, ADIANTE C.G.T !!!!
http://www.youtube.com/watch?v=F4Mf_zhCsvc&feature=PlayList&p=14FF2F448CF5E1FE&playnext=1&playnext_from=PL&index=37
08/08/2009
VACACIÓNS
Ben, todo chega e maña volto á patria coa miña xente, polo que o blog queda parado até setembro. Coller folgos istes días ? Imposíbel, agardan por min os dezasete castros do concello da Pobra de Brollón (quedan xa poucos por atopar !) , os ríos Lor, Cabe e Sil ( a ver se iste ano podo chegar aos canóns do Cabe, máis pequenos que os do Sil mais tamén fermosísimos) , ler todo o que non puiden ler no ano ( Ollos de Auga de Domingo Villar, Made in Galiza de Sechu Sende ...) e sobre todo retornar coas xentes verdadeiramente boas e xenerosas das Terras de Lemos.
Saúde e vemonos en Setembro !!!
Saúde e vemonos en Setembro !!!
24/03/2009
RAG...

Tras a patada nos collóns que supuxo o derradeiro informe da RAG e do rebumbio que se montou coa súa publicación , teño na cabeza un poema de Lupe Gomez ( Fisteus, A coruña) co que cada vez me sinto máis identificado. Só agardo que esta mágoa que sinto por dentro pase e poida artellar imaxes máis constructivas , sen o desacougo que me roe istes días.
GALIZA
Galiza non son
imaxes. Son
restos.
Lupe Gomez, Pornografía
10/02/2009
Merda-Bilingue
No ano 1962 Celso Emilio Ferreiro escribíu un poema no seu libro " Longa noite de Pedra " que me deixou fonda pegada cando o lín . Hoxe, corenta e sete anos máis tarde, léndoo outra vez, quérollo adicar aos inimigos da nosa lingua, aos que con metiras e xenreira queren matar o noso ben máis prezado, orneando nas rúas de Compostela o seu odio e intolerancia. Quérolles deixar ben claro que mentres eu viva (xa sexa na diáspora ou na Galiza), unha parte dos meus esforzos vitais dirixiranse a combatilos . Sei que non estou só nesta loita. E eles tamén o saben. Saúdos.


DEITADO FRENTE AO MAR
Língoa proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garavata xa non saben
afirmarse no amor aos devanceiros,
falar a fala nai
a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo para os soberbios,
non falo para os ruíns e poderosos,
non falo para os finchados,
non falo para os estúpidos,
non falo para os valeiros,
que falo para os que agoantan rexamente
mentiras e inxustizas de cotío,
para os que súan e choran
un pranto contiá de bolboretas,
de lume e vento sobre os ollos nús.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
GALIZA, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...
Celso Emilio Ferreiro
Subscrever:
Mensagens (Atom)

