
Sereas que trousades peixes
arrincados dos mares lonxanos,
ollaparos que tremedes medoñentos
coas teimas dos meniños,
sodes , sen dúbida, pantasmas que
terman da cruz da Santa Compaña,
magoando as costas dos ilusos,
afogando as verbas dos necios,
estragando os amores dos vellos...
Que podo facer se quedei
pendurado dos vosos beizos ?
Xosé Antón
1 comentário:
Don Urbano Lugrís, semellante a un xenio da ilusión feita mar.
Fermosa cántiga a que achega no seu blogue.
Podería falar longo de narvais e outros seres a se transportar impenitentemente polos asulagados confíns da terra. Pero é tempo de Gaza.
Saúdos!
Enviar um comentário