
Vira as costas e olla o mar a amosar as furnas asolagadas.
Hai ollos de sereas que faíscan e alumean a nada dun mundo
agochado ao que non pertencemos e do que non queremos saír.
Teñen un nome que lembra o arrecendo húmido dos arroaces
(transmútome en arreguizo salgado e batuxo na túa pel
pintada con cores rechamantes, ollando para ti dende o outro
lado do espello, afundido no noso mundo imaxinario,
encadeado a dor de non te poder bicar tras o vidro enbafado)
Antón
2 comentários:
Un xardín das delicias co aceno dos entroidos oníricos do grande Laxeiro.
Fermosos versos!
Antón, deixate de caralladas e volta xa a Terra, o Lor e o Sil chaman por ti e as Canoas podrecen ! (e xa sabes , Monforte non é ESPAÑA!!)
Enviar um comentário