
Andamos a gadoupadas
no curro dos fidalgos,
alagando co noso sangue feble
as cores do Arco da Vella
que ao lonxe anuncia
a chegada do novo día.
Trememos na pelexa abúlica.
Nun ademán estudado
botamos uns pitos e parolamos
das nosas cousas sen deixar
de aguzar as facas, calculando
as distancias para que a espetada
certeira atinxa o corazón do
inimigo e o holocausto sexa impecábel.
Xa chega o San Martiño
onde poder ter sentido ti e máis eu.
Xosé Antón
3 comentários:
Felicitats pel bloc en gallec i per agradar-te grups amb la meva llengua
una abraçada company
revolta
Gràcies pels anims. Una salutació Internacionalista !
Moitas grazas por pasarte polo meu pequeno recuncho! Xa sabes que espazos de comunidade galego-catalana sempre son bos pra todos os que aquí vivimos.
Apertas!!
Enviar um comentário