
Pelexo contra min e contra o resto,
vivindo de aluguer nas brétemas
dunha sombra mergullada nas
rúas da asolagada Rairís,
máis alá dos formigueiros noxentos,
onde chuchar o zume da terra
só serve para acadar
borracheiras dunha lucidez antiga.
É liorta pesada dabondo para
alguén que depelica as horas en
soños baleiros.
Xosé Antón
2 comentários:
Son eu ou mudou o aspecto do seu blogue?
Por un lado vexo un Magritte e polo outro a contundente poética.
Saúdos e Vida para Palestina!
Saúdos Amauta e parabéns polos artigos sóbor Cuba. Si, o blogue mudou de imaxe ( son un cú inquedo e supoño que quedará asi durante un tempo). Polo resto graciñas ( Magritte e os Surrealistas sempre foron unhas das miñas teimas). Un saúdo internacionalista !
Enviar um comentário