22/04/2010

DARWINISMO IDEOLÓXICO


Ocultas os propósitos no chan,
baixo as bandeiras que fuxen,
xeada dos alcólicos.

Semellas un bosque antigo,
cinguida ao exotismo do irreal,
á faladuría dos axiomas.

Entre as dúbidas manifestas
a desidia dos desarmados.

Acouga. Gasta os versos que non tes

... nunca fixemos castelos baixo o agocho besbellado...






Antón

21/04/2010

VELENO

Antón

17/04/2010

SON


Adicto aos desexos primarios
á baleira naftalina da tribo
aos que quedaron illados en ti

/ a imaxe máis perversa tamén
pode ser a máis bella /

Adicto a todo naufraxio interior
aos ridículos extremos do mundo
ao marmurio deitado no adro

/ Alicia non vive eiquí, morreu
no derradeiro poema de amor /

Daquela non son unha enteléquia: EXISTO

( e son capaz de durmir en voz alta
coa pantasma da túa imaxe tatuada)

Antón

16/04/2010

ANTERGOS CERCADOS


Anton

15/04/2010

ELECTRODUENDES




Hoxe necesito unha boa inxección de Punk. Pídemo o corpo. Saúde e liberdade a todos

14/04/2010

SEARA DO RIO


Son naufraxio que cuspe o mar,
pelexa hipercalórica dunha vida ancorada,
a rentes do chan,
co abaneo das ondas medrando nos ollos,
contraatacando neste territorio liberado,
sinxelo ao escachar nun camiño ateigado de sorrisos.

(descifrado)


Antón

08/04/2010

LÍQUIDOS


Secuestras os líquidos
deshidratando a adicción.

Sen ánimo quedo cheo de ti,
ecuánimemente,
tiroteado na desfeita desta caixa de mistos,
hipercalórico como a realidade que me tocou roer,
faladuría que corre entre a xente,
entre as tripas liscando do ventre ,
obrigado a exercer a autoridade
do que non está subordinado a ninguen

Antón