
Adicto aos desexos primarios
á baleira naftalina da tribo
aos que quedaron illados en ti
/ a imaxe máis perversa tamén
pode ser a máis bella /
Adicto a todo naufraxio interior
aos ridículos extremos do mundo
ao marmurio deitado no adro
/ Alicia non vive eiquí, morreu
no derradeiro poema de amor /
Daquela non son unha enteléquia: EXISTO
( e son capaz de durmir en voz alta
coa pantasma da túa imaxe tatuada)
Antón
Sem comentários:
Enviar um comentário