
Tras a patada nos collóns que supuxo o derradeiro informe da RAG e do rebumbio que se montou coa súa publicación , teño na cabeza un poema de Lupe Gomez ( Fisteus, A coruña) co que cada vez me sinto máis identificado. Só agardo que esta mágoa que sinto por dentro pase e poida artellar imaxes máis constructivas , sen o desacougo que me roe istes días.
GALIZA
Galiza non son
imaxes. Son
restos.
Lupe Gomez, Pornografía
2 comentários:
Antón, estamos artellando unha boa para o dos encoros no Sil, se podes vir en xuño imola liar boa. Chamanos.
Os de Arxemil
Arxemil, Pinol, Cadeiras... Que noites de troula e bebedela ! Non podo ir en xuño, mais en Agosto queimámolo todo se fai falla, até que non queden empresas Colonizadoras a estragar o noso rio, até que se rindan (lembrádevos desta frase " até que se rindan" !! ja, ja, ja !!!). Saúdos irmaos, sodes os mellores ( Catalunya moi ben, boa xente)
Enviar um comentário