
Porqué é que os morcegos
dormen sempre de cabeza
para abaixo ?
Porqué lles arrepía tanto
o noso cheiro a bravú
a suor
a miñocas recendentes?
Porqué non deixar que a
saraiba limpe o (seu)
mundo canibal
e ceiben as arroutadas
gardadas na artesa do
noso tempo perdido ?
Antón
2 comentários:
Vexo que os días sonlle artisticamente produtivos. Agardo que nestes tempos nos que reaxen os significativos textos de Poe, unha (inda ínfima) parte da súa escrita nos toque co seu trazo divino...Ou non?
Saúdos!
Poe é un Deus e "O Corvo" a súa Biblia. Os días de lecer sempre son axeitados para voltar aos orixes dun mesmo e aos referentes literarios da mocidade. O mundo sen Poe tería outro significado ; mellor ? Peor ? Quen sabe...
Saúdos e avante!
Enviar um comentário