11/01/2012
MARÉ
Algo sanguíneo turra de min
(o soño dunha besta durmida
a queixa dun animal acachoupado
a nostalxia dun mundo errado)
Un rancor danado pon medras ao noso abraio
ennobelando para sempre a túa pel coa miña pel
Antón
05/01/2012
DIAZ PARDO
Rompo os vidros da xanela coas gadoupas que crecen nos ollos
incapaz de me vestir coa propia pele
mol como a cera e o granito do home que non sabía morrer
Antón
01/01/2012
2012
Aínda queda sol nos meus osos
(e cos sargazos podres da gorxa
consumirei a noite dos lobishomes)
Antón
31/12/2011
MESTURANDO OS DÍAS
Vestirme de delirios esquencidos
dos meus conflitos
da miña semente
Traballa o mellor que poidas meu cerebro
(e fai que por un intre esta noite non te sinta)
Antón
27/12/2011
10/12/2011
SEQÜELES
Se´n va anar i va deixar racons
caus de bruixes
equilibris a contrarellotge
Se´n va anar amb els ulls nus
buidant de circumstàncies el llit
rere un cos sense seqüeles
Ara tinc fred...
caigut de sobte a la travessa de l´espantAntón
Subscrever:
Mensagens (Atom)

