10/12/2011

ALÉN DA COXAS

Onte houbo lúa chea  no teu ventre


Fuches o meu remorso


                                       E eu fun o teu


Antón

01/12/2011

NEGRO

Como se venden os homes
cando ventan a cobiza
nos seios preguizosos...

Miña fame de soños foi
un verbo para conxugar

enganado

fuxindo coma fume pola regandixa do silenzo

roxo roxo roxo !!!


Antón

28/10/2011

CAMUFLAXE


Son un sistema sinxelo de detalles complexos

( logo de me cuartearen, de me esfolaren
de me chucharen o sangue, de usurparen o meu tempo
lembráronme que a camuflaxe fora un falso engano
unha fada posuída por un soño lascivo
o argurmento para desexar en paralelo)

Agora volvémonos erguer nos dous extremos máis afastados do mundo
e non existen xa palabras que poidan unir semellante distancia

Antón

20/10/2011

TRILOBITE


Acubillado na esfera percorro tempos pasados
arranxando eivas , debullando horas

( sen presa reflicto a cobiza dos raposos )


Ao fondo  a ialma acouga 
soterrada na area dun mar primixéneo
esquencida  para sempre na lonxanía
dun trilobite 


Antón

17/10/2011

COSTURAS


Invádeme
transitarei coas almas dos outros
aínda que me doan as costuras deste corpo prestado


Recólleme,
en silenzo,
son toxo sementado,
puga do autodio dos colonos


F  A  I  N  O 
e o silenzo o abranguera
t  o d  o

Antón


14/10/2011

EE


Agora toleas (logo amainas)
Ao final do espectáculo
volves ás sensacións inocentes
ás primixenias
afogando as lembranzas 
coas que etiquetaches a miña ialma

Antón

07/10/2011

TRASNO


Non conseguín atravesar a atmósfera do teu mundo
Embargoume a sensación de ser un impostor
un difunto sen autopsia , baleiro coma un animal disecado
Máis crín albiscar algo alí dentro
(insinuacións de pesadelo nunha romaxe fatigosa ?)
Decateime que baixo a pel xa non eras de miña especie
e vivín o demo da espera
o diaño da cobiza
o trasno acendido do desexo

Antón