22/05/2010

EXTENUACIÓN


Quixérame parecer a Borges
até a extenuación
dun xeito hedónico, imposíbel
previndo un futuro canibal para os meus versos
matemáticamente puros como habitacións baleiras
atentos e vitais ante as máscaras de Maquiavelo
glosas, ao fin, para a túa fronteira imaxinaria



Antón

21/05/2010

CORTAZAR...



Antón, até a extenuación

19/05/2010

AÍNDA QUE NON QUEIRAS


Antón

17/05/2010

BOICOT


Antón

11/05/2010

FACENDO O TOLO CO JELLO

Mi madriña, que concertazo. Grazas Bene por pasarme o Link, e o Miquel case esmagado polo Jello... GALIZA UBER ALLES !






(eiquí no ano 79... incríbel)

07/05/2010

PHOTOSHOP


Agochas o tremor do que voltará sen ti
cibernaufraga na polifonía dos textos

Retócame,
aforrarás o traballo de vivir o milagre

Antón

06/05/2010

BARRICADA


Descifro o código da arroutada,
patentando as estremas que ti e máis eu fixemos,
como sebes de estripeiro no cumio dos meus ollos,
ergueitos de máis,
procurando os fíos que coserán teu corpo sen costuras,
aniquilado onte,
lembrado hoxe,
lonxano

Antón