É posíbel ter os nosos propios soños sobexos mentres suplantan o fastío térmicos de máis nos organos de entrada (on-off) testemuñas ao fin dunha saída que se confirma imposíbel
Primeira imaxe [amor suicida, dous minutos de Punk, a ansiedade dun neno]
Porqué todo ten que ter sentido ?
É necesaria unha segunda imaxe? [sácame de contexto, abúrreme na monotonía, non quero máis latidos , nin poemas , nin bandeiras da patria , quero durmir de lado mentres soa Eskorbuto)
Atopaches xa a miña crista esmagada ?
(imaxínao todo a 180 por hora) pogo, mosh & slam, todo o que sube ten que baixar pogo, mosh & slam, collage bizarro cun par de ostias pogo, mosh & slam, performance da ausencia
Quixérame parecer a Borges até a extenuación dun xeito hedónico, imposíbel previndo un futuro canibal para os meus versos matemáticamente puros como habitacións baleiras atentos e vitais ante as máscaras de Maquiavelo glosas, ao fin, para a túa fronteira imaxinaria
Descifro o código da arroutada, patentando as estremas que ti e máis eu fixemos, como sebes de estripeiro no cumio dos meus ollos, ergueitos de máis, procurando os fíos que coserán teu corpo sen costuras, aniquilado onte, lembrado hoxe, lonxano