29/06/2011

ANIMAL MEDORENTO


Esborrancho páxinas coas miñas arlequinadas

(clandestinas, sospeitosas, cargadas de dobre intención)

Nos apuntamentos dubido se existes
se vas existir nunca 
camuflada co fondo
coa cor
como animal medorento rexeitando o meu ollar sentinela

Antón

2 comentários:

Paz Zeltia disse...

Tardaches en publicar, pero pagou a pena esperar. Poemas coma este pégame gana de imprimilo e poñelos xunto a outros que teño, de nomes soados.

Tamen che quería agradecer o comentario que me deixaches. Nunca pensei que o incendio me fose afectar desta maneira... unha cousa é velo de lonxe, e outra que arrase a paisaxe da túa infancia.

Falabarato estivo alí coa cámara o día despois e recolleu nun video moi bello a imaxe da desolación. [para o gusto meu]
Pódelo ver no seu blog, ou no meu. E se che gusta difúndeo, a loita contra o lume empeza dende o corazón.

Antón Mixiriqueiro disse...

Grazas Zeltia, súbesme a autoestima até os topes... e o do lume, mira, a cativeza da xente non ten límites, o que prende lume a carón das casas non é máis ca un cabrón, agardo que o/os collán e saibamos PORQUÉ o fixeron, até entón, animo e unha forte aperta