07/05/2011

QUIROGA

Confésome adicto á dor das palabras tatuadas no coitelo
coma un  asasino espreitando entre as silveiras

AVÍSASME


... se queimas versos na lareira
separarás osos e cinzas
imposibilitarás ocos para o posuído
arderá todo no link...

Rectifico o teorema e afío o gume albiscado no teu ollar


Sinto a lene friaxe dos cumes de Quiroga
mitade godello mitade mencía

Antón

2 comentários:

Paz Zeltia disse...

sabes que?
se atopase isto nunha escolma de poesía, poríalle un post-it.

non che digo máis.

Antón Mixiriqueiro disse...

Grazas Zeltia, agradecese moito. Un grande bico