04/01/2011

CAMUFLAXE

Agromei coma especie invasora unha
xornada de nubes ausentes.
Deixeime tocar por aquelas maos 
de tacto descoñecido,
unha e outra vez,
finxindo ter paciencia,
decatándome da miña insultante 
c     a     t     i     v     e     z     a

Antón

2 comentários:

Paz Zeltia disse...

¿sabes que?
Es dos poucos que lle sentín falar de cativeza referíndose a sí mesmo.
É unha calidade que costa percibir nun, porque sempre atopamos o xeito de nos disculpar.
É menos sendo unha persoa nova, coma tí.
(Polo menos eu xa non era unha moza cando me vin diante de min, sin excusas.)

Antón Mixiriqueiro disse...

As disculpas tan só serven para enganarnos un pouco máis e retrasar un chisco a labazada da realidade...é moito mellor plantarlle cara ao que veña sen as camuflaxes que agochan o que somos...